公園 附近 Ourense

Parque das Mercedes
O parque das Mercedes, ou tamén denominada praza de Vigo, constitúe unha zona de lecer de pequenas dimensións, xa que a súa superficie total non ocupa mais dos 1.200 metros cadrados, repartidos case exclusivamente entre a fonte monumental. Sobre o ano 2000 foi remodelado totalmente.
- 53 Park
- 6 Swimming Pool
- 5 Library
- 4 Theatre
- 4 Stadium

Parque da Alameda
Na actualidade os edificios dos séculos XIX e principios do XX son testemuñas da presenza da burguesía na capital. Tamén instaláronse os primeiros hoteis da cidade e no século XX o Mercado de Abastos. O bispado é o único edificio que sobrevive na Alameda dun tempo anterior, cando era un seminario.

Parque de San Lázaro
Parque urbano de planta cadrada en dous niveis. Abundante vexetación arbórea. Destaca a fonte barroca de grandes dimensións pertencente ao Mosteiro cisterciense de Oseira. Destaca tamén unha estatua de san Lázaro. Tamén hai xardín de Infancia con mobiliario axeitado para o desfrute infantil.

Parque de Avilés de Taramancos
O Concello investiu 534.600 € no parque o cal foi inaugurado en Xuño do 2010. Atópase próximo á Rúa Ervedelo e Os Remedios, e por el pasa o Río Barbaña. É un gran espazo público de xardíns e dun parque infantil e ten unha gran lagoa artificial cunha superficie aproximada de 1.300 m2.